Comeza a instalación do ascensor entre Travesía e Aragón

Abel Caballero deu conta do avance da obra do corredor mecánico entre Travesía e Aragón, na que este domingo xa se instalou a rampla que une Santo Cura de Ars e Aragón

A instalación do ascensor que unirá Travesía e Santo Cura de Ars comezará a súa montaxe a finais de semana

O alcalde deu conta do avance das obras do corredor mecánico entre Travesía e Aragón, que completou a instalación da rampla mecánica que vai de Santo Cura de Ars ata a Aragón este domingo e durante esta semana comezará a montaxe do ascensor desde Travesía ata a praza da igrexa de Santo Cura de Ars. “Agora comeza a instalación entre Travesía e Santo Cura de Ars”, explicou o rexedor. O importe da obra do programa Vigo Vertical é de 1.600.000 euros.