Cinco positivos noutro barco confinado en Vigo

As probas PCR realizadas aos 23 tripulantes no Laboratorio VithasLab revelaron 5 casos positivos; os pacientes están asintomáticos e permanecen illados no barco

O Servizo Galego de Saúde acaba de informar do confinamento doutro barco en Vigo, tralo vivido nos últimos dez días co Prometheus Leader, que leva toda a semana amarrado no peirao de Trasatlántico da cidade.

Neste caso, as probas PCR realizadas aos 23 tripulantes no Laboratorio VithasLab revelaron 5 casos positivos. Os pacientes están asintomáticos e permanecen illados no barco.

Nestes momentos, sinalan fontes sanitarias, o laboratorio de Microbioloxia do CHUVI está secuenciando 4 mostras para determinar a variante do virus.

Compre lembrar que no caso do mencionado Prometheus Leader, as probas feitas determinaron que os positivos correspondían á variante B1.617 subvariante 2, que resulta sensible a la vacuna.

Este barco continúa amarrado en Vigo cos seus tripulantes gardando cuarentena, e a previsión é que permanezca aí ao 10 de maio, salvo que o armador decida sustituir á tripulación e continuar a ruta.