Ciencia divertida e solidaria en Gondomar esta fin de semana

Nova cita co teatro familiar esta fin de semana en Gondomar coa representación “Ciencia que alimenta”, este domingo 12 a partir das 12.30 horas

A recadación será totalmente solidaria ao destinarse ao programa “Gondoilusión” cuxo  obxectivo  é  garantir un  agasallo para  nenos e meniñas das familias máis vulnerables de Gondomar

O prezo das entradas, que poderán adquirirse no auditorio o mesmo día da función, será de 4 euros e os dous integrantes do espectáculo Carlos Godoy e Cecilia Vázquez confían en que “sexan moitos/as os/as que se animen a vir coñecernos e pasar un bo intre, porque iso dará un sabor moi moi solidario ás nosas receitas”. 

Ambos serán os protagonistas da representación teatral “Ciencia que alimenta” na que un mestre, a aspirante a mestra e unha despensa compoñen o escenario no que se desenvolverá a acción. Descubrimentos divertidos que poñerán sobre as táboas tamén unha realidade que existe como que a “ciencia non entende de xéneros e que tanto mulleres como home poden gozar de ela”.

A programación da fin de semana tamén contempla a celebración da xornada “Fresh and Soul”, que terá lugar o sábado 11 de decembro entre as 10.00 e 12.00 horas. A actividade divídese en dous partes: unha charla sobre alimentación equilibrada e unha sesión de danza como elemento complementario para garantir hábitos saudables. Os interesados en participar poderán facelo de forma gratuíta reservando a súa praza no correo taquilla@concellodegondomar.gal