Cerca de 3.400 persoas utilizaron o autobús urbano de balde polo Día Europeo sen Coches

As rutas seleccionadas para esta acción foron as lanzadeiras á Universidade e o bus turístico

No Día Europeo sen Coches, 3.378 persoas utilizaron o bus urbano de balde, unha medida que se suma ás de “emisións 0 na cidade de Vigo”, segundo explicou o rexedor.

As liñas seleccionadas para esta acción foros as lanzadeiras á Universidade, con 3.171 usuarios e 207 viaxeiros no bus turístico. Deste xeito, Abel Caballero celebrou a celebración “do día da non emisión de gases de efecto invernadoiro, o verde, o día da loita contra o cambio climático coas cintas e escaleira mecánicas e os ascensores, onde xeramos zonas de 0 emisións e axudamos a mudar a situación de planeta”, sentenciou.