Castrelos recibirá a Raphael o 16 de agosto

“Falar de Raphael é case superfluo”, asegurou o alcalde este martes, durante o anuncio da actuación dun artista con 326 discos de Ouro, 49 de Platino e o único de Uranio entregado a un intérprete de fala hispana por vendas superiores aos cincuenta millóns de copias.

En verbas de Caballero, a “valía extraordinaria” de Raphael fará posible que o público goce un verano máis dun “gran concerto, como a última vez que estivo en Vigo”. Aquél, no 2018, rexistrouse un “cheo total en Castrelos, dos máis importantes que houbo nunca, nun concerto excepcional”, indicou.

O tour do xienense fará parada en numerosas cidades de España e tamén en escenarios americanos, visitando países como a República Dominicana, Costa Rica, Colombia, Perú, Arxentina, Estados Unidos e Porto Rico. Co espectáculo preparado para “Raphael 6.0” se celebra os seus sesenta anos de traxectoria artística, nos que gravou máis de cincuenta discos en español, así coma outros en italiano, francés, alemán, inglés e xaponés.

“Imos ter os mellores concertos de Castrelos que houbo nunca na historia”, afirmou o alcalde, quen recordou os sete artistas xa confirmados para o verán vigués: Sebastián Yatra (o 13 de xullo), Tanxugueiras (o 30 de xullo), Leiva (o 4 de agosto), Sting (o 6 de agosto), Lola Índigo (o 8 de agosto), Hombres G (o 14 de agosto) e Raphael (o 16 de agosto).