Cangas estrea medio centenar de contenedores de carga lateral no casco urbán do municipio

A alcaldesa, Victoria Portas, revisa o estado dos recipientes e traballa coa Mancomunidade para a posta a punto deste servizo

A alcaldesa de Cangas, Victoria Portas, revisou estes días o estado dos contenedores de carga lateral situados sobre todo no casco urbano do municipio xa que algúns deles presentan danos e incluso un deterioro avanzado.

Está previsto que a Mancomunidade do Morrazo, a través da que Cangas xestiona o servizo de recollida do lixo, sustitúa a redor de medio centenar de contenedores de carga lateral nas vindeiras semanas. A Mancomunidade prevé tamén unha nova licitación de contenedores para unificar as illas de recollida xenerando un menor impacto visual.

Cangas está a realizar unha campaña de renovación dos seus contenedores, tanto dos de carga lateral como os de carga traseira, elementos que presentan un forte deterioro e que precisan unha atención especial por parte da Mancomunidade.