Cándido Conde Pumpido será o pregoeiro do Día de Galicia en Vigo

O maxistrado do Tribunal Constitucional será o encargado de ler o pregón no acto que se celebrará nos xardíns do Pazo de Castrelos o vindeiro xoves, 23 de xullo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este martes que o maxistrado Cándido Conde Pumpido será o pregoeiro do Día de Galicia en Vigo. Segundo indicou, o acto celebrarase o vindeiro xoves, 23 de xullo, ás 20:00 horas, nos xardíns do Pazo de Castrelos cun aforo limitado a 300 persoas. O xurista Conde Pumpido é maxistrado do Tribunal Constitucional e foi con anterioridade maxistrado do Tribunal Supremo (desde 1995) e Fiscal Xeral do Estado (desde 2005 a 2011).