Cancelada a obra Las criadas en Vigo e Pontevedra por enfermidade no equipo

Imagen de 'Las criadas'.

Por motivos de enfermidade no equipo desta produción, quedan canceladas as representacións teatrais previstas para o 21 de xaneiro en Vigo e o 22, en Pontevedra

A consecuencia de enfermidade no equipo da produción teatral de Las criadas, de Jean Genet, quedan canceladas as funcións previstas para o Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) o 21 de xaneiro, e o 22, na Sede Afundación Pontevedra, con Alicia Borrachero e Ana Torrent nos papeis protagonistas. Ataquilla procederá á devolución do importe nas entradas soltas e da parte proporcional nos abonos.