Caballero: “Vigo é un dos grandes destinos turísticos de España e Europa”

O alcalde resalta que o mes pasado o aeródromo rexistrou unha ocupación de voos do 78,75%, superando en 3.5 puntos ás cifras de outubro

Os datos oficiais de ocupación do aeroporto rexistrados en novembro, o cuarto con mellores resultados de 2023, “confirman a Vigo como un dos grandes destinos turísticos de Europa e de España”.

Así o asegurou este martes Abel Caballero ao indicar que o mes pasado o aeródromo rexistrou unha ocupación de voos do 78,75%, superando en 3.5 puntos ás cifras de outubro.

O alcalde, tras incidir en que “Vigo segue consolidándose como un destino turístico de primeira liña en Europa”, recalcou que este feito constátase en que o Nadal de 2023 conta con datos “extraordinarios” tanto para o sector da hostalería, como da restauración e do comercio, e cos datos de ocupación do aeroporto do pasado mes de novembro. “O mes pasado os voos a Vigo contaron cunha ocupación do 79%, que representa 3,5 puntos máis que en outubro e iso que o acendido de Nadal tivo lugar unha semana máis tarde do que acostumamos”, explicou.

Caballero insistiu en que o conxunto de datos seguen aflorando a Vigo como un referente e destino turístico de referencia. “O aeroporto, a hostalería, os hoteis, a venda de comercios a turistas, todo crecendo. Isto é o Nadal de Vigo”, argumentou.