Caballero subliña que defende a liña de alta tensión para Stellantis “goberne quen goberne”

O alcalde afirmou en rolda de prensa o seu apoio “total e inequívoco” a Stellantis na súa demanda da moi alta tensión eléctrica: “Mi acción política é a cidade de Vigo. Todo o que sexa bo para Vigo estarei ao seu lado”

Abel Caballero manifestou en rolda de prensa o seu apoio á moi alta tensión eléctrica que demanda o Grupo Stellantis “de xeito total e inequívoco” e lembrou que esta petición xa trasladouna no ano 2015.

“Eu xa expresei no ano 2015 que unha cidade industrial como Vigo tiña que ter a moi alta tensión eléctrica. A resposta do Goberno de Rajoy foi que non. Reitereino no 2016 e tamén houbo resposta negativa”, incidiu no rexedor, que apunto que “xa tiñamos que ter a moi alta tensión”.

O alcalde criticou tamén a Xunta de Galicia e o Partido Popular “que non o requiriu nin unha soa vez co goberno de Rajoy e agora faino”. Caballero di reclamar porque “é impensable que unha industria da automoción, fundamentalmente exportadora, que xera riqueza por riba dos 30.000 empregos non teña a moi alta tensión”. Caballero lembrou que “a súa acción política é Vigo” e que “estará ao lado de todo o que sexa bo para a cidade”.