Caballero louva o obradoiro de emprego Vigo Capacita, confinanciado por Concello e Xunta

O alcalde e o edil de Emprego achegáronse este mércores ata Valladares, onde ten lugar a formación en cociña e restaurante do Vigo Capacita VII

O alumnado ofreceu un «brunch» saudable a vinte cinco usuarios e usuarias da Fundación ONCE

O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Emprego, Abel Losada, desprazáronse na mañá deste mércores ata as instalacións do Centro Cultural e Veciñal de Valladares, que acolle a sétima edición do obradoiro Vigo Capacita, nas especialidades formativas de Cociña e Restaurante. Este obradoiro está financiado con 346.000 euros pola Xunta de Galicia.

As alumnas e os alumnos de ambas liñas prepararon este mércores un «bruch» saudable para vinte cinco usuarios e usuarias da Fundación ONCE. Caballero aproveitou o acto para saudar aos comensais e felicitar aos estudantes e animalos a completar a súa formación para o emprego.