Caballero invita á cidade a gozar do V Certame de Rondallas

O V Certame de Rondallas celébrase este sábado 13 de xaneiro ás 18:00 horas no pavillón das Travesas. O evento será retransmitido en streaming a través da web do Concello e en Televigo

Abel Caballero convoca aos vigueses e viguesas a asistir ao V Certame de Rondallas de Vigo que se celebrará no Pavillón de As Travesas. O evento celebrarase a partir das seis da tarde do sábado 13 de xaneiro e contará coa participación de cinco rondallas: CVC de Valladares, CSCR de Beade, SCDR Helios Bembrive, AVV de Zamáns e Peña de Freixo-Valladares.

“É un espectáculo digno de ver”, manifestou o rexedor, que lembrou que o aforo é de 3.500 persoas e a entrada é de balde. Os que non poidan asistir, poderán seguir o evento en streaming a través da web do Concello, www.vigo.org, ou en Televigo.