Caballero felicita á cidade pola «gran Reconquista»

Vigo encheu rúas e prazas durante a fin de semana con motivo da festa da Reconquista. O alcalde celebrou que milleiros de cidadáns e cidadás celebraran esta romaría urbana e felicitou á cidade «pola gran Reconquista». «Foi unha boa forma de celebrar o noso 215 aniversario da nosa independencia», manifestou o rexedor. Cualificou a representación teatral da expulsión do exército francés como «maxistral» e considerou boa idea medrar os espazos da Reconquista ata a rúa Elduayen e Paseo Alfonso: «Abriu unha nova perspectiva».