Abel Caballero deu a benvida aos asistentes ao Congreso FAO – Conxemar, que este ano centrará as súas conferencias no informe SOFIA, un documento completo do sector pesqueiro que se actualiza cada dous anos. O alcalde louvou o peixe e produtos do mar como materia prima para unha alimentación saudable.
En canto á produción, Caballero manifestou a importancia da ciencia para guiar as política do sector. «Ecoloxismo baseado na ciencia», incidiu na súa intervención. Na inauguración tamén interviron o presidente de Conxemar, Eloy García; Audun Lem, director adxunto de pesca e acuicultura da FAO; e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares.

