Caballero dá a benvida á ruta aérea Vigo – Valencia que opera Air Nostrum

Hoxe comeza a operar de xeito rutineiro a conexión entre o Aeroporto de Vigo e o de Valencia, que terá entre dúas e seis frecuencias semanais

Air Nostrum operará 888 voos entre abril e outubro

O alcalde de Vigo deu a benvida ao primeiro dos voos rutineiros que haberá entre Vigo e Valencia este ano. A partir de marzo, Air Nostrum operará 888 voos, 168 máis que no 2019. Isto supón ao redor de 90.000 prazas, un 29% máis que no mesmo período do ano previo á pandemia.

No mes de agosto haberá 11 conexións diferentes desde o Aeroporto de Vigo:

– Valencia: toda la temporada con entre dos y seis frecuencias semanales
– Mallorca: toda la temporada con entre dos y siete frecuencias semanales
– Bilbao: tres frecuencias semanales excepto en agosto
– Sevilla: entre junio y septiembre con dos frecuencias semanales
– Málaga: entre junio y septiembre con dos frecuencias semanales
– Gran Canaria: dos frecuencias en julio y cuatro frecuencias en agosto
– Ibiza: cuatro frecuencias semanales en agosto
– Alicante: dos frecuencias semanales en agosto
– Menorca: dos frecuencias semanales en agosto
– Lanzarote: nueva ruta que operará con dos frecuencias semanales en agosto
– Santander: nueva ruta que operará con dos frecuencias semanales en agosto

Desde que Air Nostrum reactivou a operativa en Vigo o pasado 17 de decembro e ata o 30 de setembro deste ano a compañía ten previsto realizar no aeroporto de Peinador un total de 1.022 voos.

Abel Caballero puxo de manifesto as axudas de promoción turística do Concello de Vigo, que Air Nostrum gañou no ano 2018 e agora retómase dito contrato. O alcalde considera que “o aeroporto pode superar pronto a actividade do ano 2019 grazas ao impulso do Concello, sumado á acción da cidade, a economía e o turismo de Vigo”, sentenciou.

O voo procedente de Valencia tivo unha ocupación do 39%. A aeronave foi bautizada o ano pasado en marzo, no Día da Muller, cun acto no que estivo presente a primeira muller piloto comercial de España e a segunda de Europa, Bettina Kadner.