En rolda de prensa anunciou que Luar na Lubre actuará no escenario exterior de Castrelos como peche do Festival Internacional de Folk
Abel Caballero amosou a súa satisfacción coa actuación do artista Sebastian Yatra a noite do 13 de xullo en Castrelos. O alcalde cifrou en máis de 60.000 persoas os asistentes, asegurando que estivo moi preto das cifras de Maná. “Foi extraordinario”, dixo louvando ao artista.
O rexedor anunciou en rolda de prensa que Luar na Lubre estará en Vigo o 25 de xullo no peche do Festival Internacional de Folk. Actuarán ás 22 horas no escenario exterior de Castrelos: “É un grupo que gústame. Un grupo histórico dos máis importantes da música tradicional galega e folk. E será de balde”.

