Caballero cualifica de “excepcional” a recuperación da fachada na Praza da Estación de Urzáiz

O orzamento das obras da Praza da Estación e Baixada á Estación supoñen un investimento de 1.900.000 euros

O alcalde visitou ás obras da Praza da Estación de Urzáiz e Baixada á Estación que cualificou de “excepcional”. Cando rematen as obras, Urzáiz terá un novo miradoiro sobre a antiga fachada. Caballero lembrou que a antiga estación inaugurouse no 1881 e foi declarada Ben de Interese Turístico cultural no 1990.

O rexedor subliñou que xa no haberá un muro con Urzáiz, si no a fachada da antiga estación: “xa está instalado o primeiro andar, inmediatamente farán o segundo e xa hai un anaco do balcón que estase construíndo”.

Caballero lamentou a falla dalgunhas pezas que foron roubadas do depósito como o escudo, unha pedra dun arco da entrada e unha parte da balaustrada. O alcalde pediu ás persoas que teñan estas partes da fachada que as devolvan.

Ademais, o alcalde sinalou que na zona haberá 68 novos árbores, ampliación das beirarrúas, máis zonas verdes, mobiliario urbano e elementos estéticos para gañar espazo para as persoas.