Neste contexto de demanda, o rexedor anuncia para o pleno de mañán unha moción instando á Xunta a construír e financiar integramente dúas novas escolas infantís, e outra para impulsar un instituto en Navia
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou esta mañá os orzamentos autonómicos de 2021 para a cidade que, segundo considera, non atenden as necesidades de Vigo. A cifra de investimentos, expuso, é de 49,8 millóns, cando debería alcanzar os 273 millóns, en termos de poboación.
A esta cifra engadiulle outros 2.000 millóns que, entende, lle debe o goberno autonómico á cidade desde que Núñez Feijóo é presidente.
Así mesmo, e neste contexto de demanda e confrontación, o rexedor anunciou para o pleno de mañán unha moción instando á Xunta a construír e financiar integramente dúas novas escolas infantís; e outra para que o Goberno autonómico modifique o orzamento de 2021 para introducir unha partida para construír o instituto de Navia.
Outros dos asuntos que se abordarán no Pleno será a esixencia á Xunta para que modifique a normativa reguladora da Renda de Inclusión Social de Galicia para facela complementaria co Ingreso Mínimo Vital, ampliando ademais a súa cobertura.

