Caballero avanza sinerxías cos estaleiros para reforzar o naval vigués

O alcalde reúnese con Douglas Prothero, director executivo de Ritz Carlton YachtCollection, trasladándolle o apoio municipal no proceso de cambio de dirección no estaleiro Barreras

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o responsable máximo de Barreras, Douglas Prothero, analizaron a situación actual «do primeiro estaleiro de Vigo e o maior estaleiro privado de España», e abordaron a proposta pública realizada por Prothero de establecer ámbitos comúns no conxunto dos estaleiros para favorecer as sinerxías no sector.

Caballero explicou que esta é a liña de traballo que seguirá na ronda de contactos aberta entre Concello e estaleiros da cidade na procura dunha proposta conxunta para concorrer aos fondos europeos.

“Seguro que hai elementos comúns para reforzar o naval de Vigo”, apuntou, sinalando que nos seguintes encontros seguirá afondando nesa proposta conxunta para darlle forma. «O primero e fixar unha primeira cantidade inicial á que aspiran os estaleiros de Vigo; e o segundo, darlle forma e con que mecanismos», sinalou.