Caballero anuncia unha “gran” Cabalgata de Reis Magos

Abel Caballero lembrou que Vigo contará de novo con dúas cabalgatas: unha estática e a móbil tradicional. Estarán integradas por 9 carrozas. Destas, 5 son municipais: Policía Local, Carteiro Real, Melchor, Gaspar e Baltasar, e 4 realízanse en colaboración con empresas privadas.

A Cabalgata estática poderá contemplarse entre as 11 da mañá as 14.000 horas na Avenida Castelao. O alcalde lembrou que a Cabalgata tradicional arrincará ás 18,00 horas desde a Avda de Castelao, para discorrer por Praza América, Camelias, rúa Álvaro Cunqueiro, Camelias e finalizar na rotonda do Bicentenario.

A comitiva real estará acompañada por 14 animacións, “con grupos que encadean a fantasía, a música e a danza, para que os menores gocen das carrozas e da propia animación”. Apuntou a participación de preto de 500 persoas entre toda a mobilización que reúne a miles de persoas.

Caballero indicou que se repartirán 4.000 kilos de caramelos sen glúten.