Caballero aborda coa Vigo Convention Bureau a acción turística de Vigo

O rexedor mantén un encontro virtual con cincuenta membros da Fundación Vigo Convention Bureau para tratar o desenvolvemento do sector durante este verán que «non se dá por perdido»

O alcalde e a Vigo Convention Bureau abordaron a acción conxunta no desenvolvemento turístico da cidade, un sector que permanece atento á evolución da crise sanitaria e aos procesos de apertura segura da mobilidade en España e Europa.

Trala reunión, Caballero trasladou que o sector «non dá por perdido» o verán e traballa coa previsión de ter unha temporada «moi por enriba do que podíamos pensar hai un mes», lanzando unha mensaxe ao turismo interior, especialmente, para que visite a cidade no momento en que o permitan as condicións sanitarias.

Coa máxima de que recuperar turismo é recuperar diferentes sectores, o eixo da mensaxe que quere transmitir o sector turístico é que Vigo nestes momentos é unha cidade segura, con praias e natureza sanitariamente seguras, con «Cíes, Patrimonio da Humanidade» e cun sector profesional e capaz.