A plataforma Afectados polo vial de Beade reúnese este domingo dende as 11.30 ata as 13.30 horas na rúa do Príncipe nunha nova concentración de protesta contra esta infraestrutura
A plataforma AVIBE (Afectados polo vial de Beade) cumpre este mes de decembro un ano do seu nacemento. Este movemento veciñal agrupa a vigueses das parroquias de Beade, Bembrive, Sárdoma e Castrelos afectados pola planificación no novo PXOM da construcción dun vial de alta capacidade de 4 carrís que, apunta, «vai arrasar polo menos 40 vivendas así como parte do espazo rural da cidade».
Con motivo deste aniversario, a plataforma reúnese este domingo dende as 11.30 ata as 13.30 horas na rúa do Príncipe nunha nova concentración de protesta contra o vial PO-010.
Cabe recordar que os veciños presentaron cerca de 3.000 alegacións contra dito vial así como un estudo técnico que demostra a innecesariedade deste vieiro.
Apoiados por colectivos ecoloxitas como Ecoloxistas en Acción, Adega, Amigos da Terra e Greenpeace, AVIBE realizou todos os meses actividades en sinal de protesta contral o vial PO-010: manifestacións en distintos puntos da cidade, marcha rodada, cacerolada no Concello, o camiño de Santiago, roteiros polo río Barxa, presentación de solicitude dun ENIL (Espazo natural de interés local) para os ecosistemos Eifonso e Barxa, etc.
Neste marco, os veciños lembran que, durante todo este tempo, o Concello «puxo os seus esforzos en desacreditar a nosa loita con mentiras e xustificacións falsas da necesidade deste vial». «Lembremos que o alcalde Abel Caballero inicialmente dixo que só afectaba a unha casa en ruinas e que este vial era para o hospital Álvaro Cunqueiro para despois decir que era para o parque tecnolóxico de Valadares e incluso para a Universidade. A realidade deste vial PO-010 é a que aparece no PXOM: este vial serve para a ampliación das instalación de PSA«, reiteran.
Por outra banda, cabe destacar tamén que Abel Caballero non se reuníu nunca coa plataforma AVIBE. Tamén sinalar que en xaneiro de 2022 María Xosé Caride reuniuse coa xunta directiva da plataforma para decirlles que estudiaría a súas alegacións e que volvería a ter unha reunión cos afectados, pero tras casi un ano de espera esta reunión segue sen chegar.
Os veciños denuncian a desvalorización das súas propiedades, as expropiacións, o detrimento da calidade de vida, a recualificación do chan, a perda de patrimonio, a perda de biodiversidade, a perda de espacios naturais, a afección ós ecosistemas naturais dosríosBarxa e Eifonso, o ruptura das parroquias entre outros.