Avances de escavación e prospección arqueolóxica no Castro de Pereiras

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, puido comprobar en persoa os grandes avances que nos últimos días se levan feito grazas aos labores de escavación e prospección arqueolóxica do Castro de Pereiras, onde, grazas ao encargo dunha investigación por parte da Comunidade de Montes de Pereiras, fíxose o descrubrimento dun xacemento da Idade de Ferro. 

Na visita ao xacemento tamén estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a Delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias.