Avance nos traballos para a saída sur da alta velocidade ferroviaria Vigo-Oporto

Os traballos para construír o saída sur ferroviaria de alta velocidade en túnel, de Vigo ao Porto, avanzan coas sondaxes arqueolóxicas en Bembrive. Así o avanzou o alcalde ao constatar a progresión dos estudos

Abel Caballero sinalou este venres as sondaxes arqueolóxicas que levan a cabo nestes momentos en Bembrive suceden ás catas na antiga Praza da Estación.

O alcalde incidiu en que se trata de traballos “necesarios” para avanzar co estudo informativo, no que o ministerio de Fomento inviste 884.000 euros. Lembrou que o prazo de execución é de 18 meses.