A partir de mañá e ata o vindeiro 22 de marzo, o Centro Comercial Aberto ofrece paraugas de agasallo por compras superiores a 40 euros
O Centro Comercial Aberto As Travesas pon en marcha unha campaña especial co gallo do Día do Pai, ofrecendo unha ampla variedade de opcións para atopar o agasallo perfecto e premiando as compras cun detalle exclusivo.
Desde mañá martes e ata o 22 de marzo, os clientes que realicen compras superiores a 40 euros nos establecementos adheridos á campaña recibirán de agasallo un paraugas exclusivo de As Travesas, baixo o lema Se chove… que chova!
A iniciativa busca non só incentivar as compras no comercio local, senón tamén recoñecer a fidelidade dos clientes cun detalle práctico e exclusivo que será moi útil nos días de choiva en Vigo. Ademais, a campaña aposta por dinamizar a actividade comercial nunha época do ano clave para o sector, fomentando o consumo responsable e a preferencia polo comercio de proximidade.
Esta acción está cofinanciada pola Xunta de Galicia, dentro das súas iniciativas de apoio ao comercio de proximidade e dinamización dos centros comerciais abertos. O respaldo institucional permite levar a cabo proxectos como este, que contribúen a fortalecer o sector e incentivar a economía local.
O agasallo perfecto
O Centro Comercial Aberto As Travesas conta cunha gran diversidade de establecementos que ofrecen alternativas para todos os gustos e orzamentos. Desde moda, deportes, xoiería e perfumería, ata librarías, tecnoloxía e gastronomía, os visitantes poderán atopar en As Travesas o detalle ideal para sorprender aos seus pais nesta data especial.
Promoción válida ata esgotar existencias
A promoción do paraugas de agasallo estará dispoñible ata o 22 de marzo ou ata esgotar existencias. Para participar, os clientes simplemente deberán presentar os seus tíckets de compra en calquera dos establecementos participantes. É recomendable consultar as condicións en cada comercio para asegurar a dispoñibilidade do agasallo.
Cada cliente soamente poderá levar un paraugas por establecemento aínda que faga mais compras superiores os 40 euros. Non poderán participar nin os menores de 18 anos nin os comerciantes que sexan parte activa na campaña.
Aposta polo comercio local
Con esta campaña, As Travesas reafirma o seu compromiso co comercio de proximidade, dinamizando as vendas e ofrecendo aos clientes unha experiencia de compra máis atractiva e vantaxosa.
A iniciativa pretende reforzar a confianza dos consumidores nos establecementos locais e fomentar a interacción entre os negocios e a comunidade.
Máis información en:
https://www.aetravi.com/noticia/898-dia-do-pai-en-as-travesas.html

