As ramplas mecánicas entre as rúas Santo Cura de Ars e Aragón entrarán en servizo a próxima semana

Abel Caballero informou este xoves que o Concello amplía as dotacións do Vigo Vertical coa entrada en funcionamento a semana que vén da nova rampla mecánica desde Santo Cura de Ars ata a rúa Aragón

O alcalde avanzou que a entrada en servizo da nova rampla mecánica súmase nos próximos días o ascensor desde Travesía de Vigo ata a rúa Santo Cura de Ars. Ata un total de 13 persoas poderán utilizar de forma simultánea o elevador, lembrou o rexedor ao sinalar que nestes momentos está a completarse a intervención urbana coa elaboración dun gran mural.

«No prazo dun par de semana teremos en funcionamento unha conexión mecánica con ascensor entre Travesía de Vigo e a rúa Aragón», incidiu o alcalde tras indicar que «o Vigo Vertical chega a todas as partes da cidade».