As óperas «Otelo» e «Carmen» chegan ao Auditorio Municipal en 2024

O Auditorio Mar de Vigo retoma a temporada de ópera coas interpretacións de «Otello», de Verdi e de «Carmen» de Bizet, co que se consolida como escenario operístico de referencia para Galicia e o norte de Portugal

Tras o «éxito incontestable» de «A Traviata», 2023, e co programa de 2024, o Auditorio Mar de Vigo consolídase «como un lugar de representación de representación de óperas para Galicia e para o norte de Portugal», afirmou Abel Caballero hoxe.

O programa arrrinca o 10 de marzo con «Otello» , de Giuseppe Verdi. A interpretación promete unha experiencia emocional inesquecible na que o virtuosismo vocal combínase coa intensidade dramática para crear un espectáculo que deixará pegada.

O 2 de novembro o escenario acenderase con «Carmen» de Georges Bizet. Esta obra mestra é coñecida pola súa música emotiva e cativadora, con arias como «Habaneira» e «Toreador Song» que se converteron en clásicos da ópera.

As entradas xa están á venda a través de www.teuticket.com. Ofrécese un abono especial a un prezo reducido.