As galerías musealizadas do Castro recibiron preto de 6.000 visitantes en 2023

Tramo actual de la muralla.

A partir do próximo luns 22 de xaneiro retómanse as visitas guiadas ás galerías musealizadas da fortaleza do Castro

Así o avanzou este xoves o alcalde tras apuntar que nos tres primeiros meses de apertura, en 2023, preto de 6.000 persoas percorreron os históricos túneles

Abel Caballero detallou que desde a súa apetura en setembro de 2023 as rehabilitadas galerías subterráneas do Castro rexistraron un total de 294 visitas guiadas, cunha media de 20 participantes en cada un dos grupos. Dos case 6.000 visitantes, cunha media de 1.600 ao mes, máis de 1.000 foron escolares.

O alcalde lembrou que a iniciativa cultural, cun investimento de 1,4 millóns de euros, foi financiada íntegramente entre o Concello de Vigo e o Goberno central. “É un éxito inconmesurable” tanto polas visitas rexistradas, como polo premio Gran de Area de achega á arquitectura 2023, concedido polo Colexio de Arquitectos de Galicia”, afirmou o rexedor. O galardón será entregado este sábado 20 de xaneiro en Celanova.

O rexedor recordou que para visitar as galerías é necesario anotarse a través do servizo de información municipal 010.

Mantéñense os horarios. Luns e venres permanecerán abertas de 11.00 a 13.00 horas. De martes a xoves a apertura é de 17.00 a 19.00 horas. Os sábados abren de 11.00 a 13.00 e de 17.00 a 19.00 horas. Os domingos pódese visitar de 11.00 a 13.00 horas.