As consultas externas do Álvaro Cunqueiro humanízanse cunha nova exposición de fotografías do persoal

O xurado entregou os premios do V concurso de fotografía que recaeron en Iván Licona, Miguel A. Álvarez e Carlos García  Redruello

Formaron parte do xurado o fotógrafo Alfonso Lubián e os tres responsables de fotografía dos periódicos locais, Faro de Vigo, Voz de Galicia e Atlántico Diario

O xerente da Área Sanitaria de Vigo, Julio García Comesaña, presidiu hoxe a entrega de Premios do V Concurso de Fotografía do Persoal da Área de Vigo aos gañadores deste certame, que este ano tiña como temática “ A túa visión da pandemia do Covid-19 no ámbito sanitario”.

ZFV

O primeiro premio foi para Ivan Licona Méndez, celador do Chuvi, pola súa fotografía “Heroínas anónimas”; o segundo recaeu en Miguel Ángel Álvarez Rodriguez,  persoal de xestión por“Desolación”; eo terceiro premio levouno o residente en Medicina  Intensiva Carlos García Redruello por “Toda axuda é pouca”

Este concurso, enmarcado no conxunto de actividades conmemorativas do V Aniversario do Hospital, tivo un xurado composto por profesionais cualificados, como Alfonso Lubián e os tres responsables de fotografía dos periódicos locais: Ricardo Grobas do Faro de Vigo; Mercedes Moralejo da Voz de Galicia; e Jorge Landín do Atlántico Diario.

Ademais dos tres premios o xurado realizou unha selección de fotografías para ser expostas no hospital. Despois da entrega de premios, inaugurouse a Exposición das seleccionadas na área de consultas externas.