Reafirma o compromiso do BNG coas persoas e aposta por un “acordo de País” para sacar adiante a Galicia
Despois de agraceder o grande apoio recibido, e o traballo realizado pola militancia, así como de todas as persoas que colaboraron no proceso electoral, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, afirmou que «onte, 12 de xullo, emerxe un novo BNG como alternativa ao goberno do Partido popular».
Tras a primeira reunión da Executiva Nacional, Pontón recalcou o compromiso do BNG coas persoas porque é necesario, dixo «levantar o país» e neste sentido afirmou que o BNG aposta por un «gran acordo de País» coa participación das institucións, partidos políticos e axentes sociais.
A líder do BNG mostrou a súa satisfaction polo que cualificou de «enorme caudal de ilusión en torno á candidatura do BNG» e asegurou que «todas esas persoas saben que hoxe estamos máis cerca de que no 2004 se produza o cambio en Galicia cunha muller presidenta».
Pontón salientou o apoio recibido por un gran número de mulleres que “»oñaban co soño colectivo de ver por primeira vez a unha muller ao fronte da presidencia abrindo un tempo novo para as mulleres galegas». «Seguiremos traballando para construír esa Galicia con mulleres empoderadas, con maior igualdade e oportunidades», subliñou.

