Alfonso Rueda garante un sistema educativo galego “accesible, universal e gratuíto, de principio a fin”

O programa popular asegura a gratuidade da matrícula universitaria para todos os galegos que cursen estudos universitarios de grao nas universidades públicas galegas

“Supón un aforro medio para as familias de 3.000 euros para un fillo que realice un grao universitario en Galicia”, sinala o presidente

Esta medida podería levarse a cabo a partir do próximo curso académico “grazas ao pulmón financeiro que da a boa xestión económica” da Xunta de Galicia

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, destacou esta mañá nun encontro cos reitores das tres universidades galegas no Edificio Fontán da Ciudade da Cultura de Santiago de Compostela a súa intención de implantar en Galicia a gratuidade da matrícula universitaria para todos os estudantes de grao.

“Somos a única comunidade autónoma que temos educación infantil gratuíta de 0 a 3 anos para todas as familias”, ao que agora se suma o compromiso incluído no programa electoral popular de instaurar un sistema educativo público galego que “sexa accesible, universal e gratuíto, de principio a fin”, engadiu Rueda.

Na reunión estiveron presentes os reitores das universidades públicas galegas. Manuel Reigosa, Universidade de Vigo (UVigo); Ricardo Cao, Universidade da Coruña (UDC) e Antonio López, da Universidade de Santiago de Compostela (USC). O presidente tamén estivo acompañado polo candidato pola provincia de Pontevedra, Román Rodríguez, para destacar a importancia dun tema tan crucial para a construción de Galicia.

Rueda insistiu no impacto positivo directo que esta medida terá sobre as familias galegas: “Considerando que unha persoa vaia aprobando todos os cursos, e tendo esa posibilidade de gratuidade, esto supón un aforro medio para as familias de 3.000 euros para un fillo que realice un grao universitario en Galicia”.

Ademais, Alfonso Rueda recalcou que estas medidas poden darse “grazas ao pulmón financeiro que da a boa xestión económica” da Xunta de Galicia e ter os orzamentos aprobados. De feito, confirma que se os galegan revalidan a confianza no PPdeG nas próximas eleccións, a súa intención é poñer en marcha esta iniciativa a partir de setembro de 2024, coincidiendo co inicio do novo curso académico.

Galicia xa ostenta desde hai 13 anos o orgullo de manter as taxas universitarias máis económicas de toda España, sendo a Xunta de Galicia quen asume o impacto das subidas, pero o compromiso do PPdeG vai máis alá, razón pola cal se convertería na primeira comunidade en contar con educación gratuíta desde a etapa infantil ata os estudos superiores.

Esta iniciativa enmárcase nun contexto onde cada universidade traballou en colaboración coas demais dunha maneira moi beneficiosa para alcanzar acordos significativos. Rueda enfatizou que esta cooperación entre institucións académicas foi fundamental para avanzar en prol do desenvolvemente educativo da rexión.

“500 MILLÓNS DE EUROS EN I+D+i”

O presidente do PPdeG tamén destacou a aposta pola excelencia investigadora, indicando que os 500 millóns de euros mobilizados en I+D+i desde 2009 sitúan a Galicia entre as cinco primeiras comunidades autónomas que apoian á actividade investigadora, acadando “a excelencia investigadora en moitísimas ocasións” desde as universidades galegas. Para rematar, Alfonso Rueda subliñou o compromiso do PPdeG co progreso e o benestar da comunidade: «Queremos seguir facendo máis cousas e máis propostas, porque Galicia non para».