AETRAVI lanza a súa campaña de Nadal cun sorteo dunha viaxe para dúas persoas para incentivar as compras no comercio das Travesas

A iniciativa desenvólvese entre o 15 de decembro e o 5 de xaneiro realizándose o rexistro e participación a través da aplicación móbil TRAVI-TRAVI, na que os consumidores poden subir os seus tíckets de compra

O Centro Comercial Aberto As Travesas (AETRAVI) presentou hoxe a súa campaña de Nadal, unha iniciativa de dinamización comercial que busca impulsar a actividade dos establecementos do barrio durante as festas e premiar a fidelidade da clientela.

No acto participaron o presidente de AETRAVI, Iván Iglesias; a delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz; e a concelleira de Igualdade e Comercio, Ana Laura Iglesias, quen destacaron a importancia de apoiar o comercio de proximidade nestas datas.

Baixo o lema “No Nadal merca nas Travesas”, AETRAVI pon en marcha un sorteo dunha viaxe para dúas persoas ás cidades imperiais, de Marrakech a Fez, entre todas aquelas persoas que realicen as súas compras nos establecementos adheridos á campaña.

Como participar

A promoción estará activa entre o 15 de decembro de 2025 e o 5 de xaneiro de 2026, ambos incluídos. Para entrar no sorteo, as persoas interesadas deberán cumprir os seguintes pasos:

  • Realizar unha compra mínima de 30 euros en calquera dos comercios participantes.
  • Descargar a aplicación TRAVI-TRAVI, propiedade de AETRAVI, dispoñible a través dos códigos QR (Android e iOS) ou mediante o enlace http://promociones.aetravi.com
  • Rexistrarse na aplicación incorporando nome, apelidos, NIF, correo electrónico, teléfono e unha contrasinal.
  • Subir a imaxe do tícket ou factura correspondente á compra realizada.

Con esta acción AETRAVI pretende reforzar o atractivo do comercio das Travesas durante un dos períodos máis importantes do ano, ao tempo que facilita novas ferramentas dixitais para fidelizar á clientela.

Apoio institucional ao comercio de proximidade

Durante a presentación, tanto AETRAVI como a Xunta e o Concello puxeron en valor o impacto económico e social do pequeno comercio, salientando que iniciativas como esta contribúen a dinamizar os barrios, crear emprego e ofrecer servizos de calidade á veciñanza.

Esta campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia, no marco do seu apoio continuado ao tecido comercial de proximidade.

Máis información en:

https://www.aetravi.com/agenda/916-dinamizaci-n-de-nadal-15-de-decembro-ao-5-de-xaneiro.html