Abertas as inscricións para a IX Carreira Vigo contra o Cáncer

O 90% dos beneficios financiarán proxecto BICAR (Bacterias Intestinais en Cáncer de Recto)

Vigo volverá a correr contra o cáncer tras o parón pola pandemia. Este martes presentouse no restaurante de El Corte Inglés a IX Carreira Vigo contra el Cáncer, que desde hoxe abre o prazo de inscrición ata o 9 de outubro.

Abel Caballero participou no acto, no que estivo acompañado pola directora de Comunicación de El Corte Inglés Galicia-Asturias, Fuencisla Cid, a presidenta y fundadora da Asociación Vigo contra el Cáncer, Rosa Soliño, e a Dra. Carme García Benito, onc´ologa do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e responsable do proxecto BICAR, desenvolvido no Instituto de Investigación Galicia Sur.

Para Caballero «a investigación contra o cáncer é onde temos posta toda a nosa esperanza», expresou na rolda de prensa. Tamén destacou a involucración de toda a cidade: «Prensa aquí masivamente, persoas que encabezan o proxecto Vigo contra o Cáncer, El Corte Inglés, investigadores e investigadoras e unha institución pública como a nosa».

As inscricións poden formalizarse online en www.vigocontraelcancer.com ou de xeito presencial na planta de deportes de El Corte Inglés, sempre antes do 9 de outubro ou ata alcanzar a cifra de 5.000 participantes.

Haberá dous modalidade de carreira: unha de cinco km no competitiva e que pode facerse a pé; e outra de dez km, cronometrada e con premios, esta última incluída no programa municipal de carreiras populares RunRun Vigo.

A saída será desde a Avenida Castelao, onde se celebran habitualmente as Festas de Coia. O percorrido completará a Avenida Castelao e ao final da mesma continuará hacia a Avenida Europa, aproximadamente ata  a Fundación Sales, onde haberá un cambio de sentido para volver ata Praza América.

Este ano a Asociación Vigo contra de Cáncer decidiu que o 90% do diñeiro recadado pola mesma irá destinado ao proxecto de investigación BICAR (Bacterias Intestinais do Cáncer de Recto) que ten por obxectivo identificar perfís poblacionais na microbiota para poder predecir as respostas ao tratamento do cáncer de recto.