Aberta a inscrición para as 5.750 prazas nos programas náuticos deste verán

Playa de Rodas en las Islas Cíes

Se desenvolverán ao longo dos meses de xullo, agosto, setembro e outubro con xornadas en Cíes, viaxes a bordo do Nautilus e roteiros guiados con temática literaria

Este venres 2 de xullo ás 8:00 horas da mañá abre o prazo de inscrición para as tres actividades náuticas gratuítas que oferta o Concello para nenas e nenos empadroados en Vigo. As persoas interesadas deberán anotarse na web xuventudevigo.org e as prazas outorgaránse por orde de inscrición.

A primeira das actividades é “Desembarco Cíes”, un roteiro dun día nas illas con viaxe en barco con guía e actividades de animación para a cativada. O goberno municipal ofrece 2.150 prazas en xullo e setembro para estas viaxes nas que poderán participar un pai, nai ou titor/a con dous nenos nados entre 2005-2017 mentres no caso das familias numerosas poderán ir dous proxenitores. As rutas serán entre as 11 a 19:30 horas dos días 20, 21, 26 e 28 de xullo e os días 1, 4, 12, 18 e 26 de setembro.

A segunda actividade é “Divulgación do coñecemento da ría”. Os participantes percorrerán a ría de Vigo a bordo do buque oceanográfico Nautilus e poderán vivir unha experiencia educativa e entretida. O Concello oferta 1.800 prazas para estas rutas de 1:30 horas de duración para nenas e nenos de entre 8 e 16 anos. Están programadas en xullo, agosto e setembro, os martes, xoves e mércores en diferentes horarios.

A terceira proposta é “Un mar de Verne”. Trátase dun roteiro guiado en barco pola ría con temática de literatura, historia e recursos naturais, as xestas acontecidas na ría… Cunha hora e media de duración e para a mocidade de entre 8 e 16, celébranse os martes e xoves de xullo, agosto, setembro e outubro.