Abel Caballero: “Vigo inicia un tempo novo coa posta en marcha dun servizo de bicicletas eléctricas”

O alcalde asistiu onte á posta en marcha do novo servizo de estacións de recarga de vehículos eléctricos e bancadas de bicicletas eléctricas, no aparcamento subterráneo de Policarpo Sanz

Caballero estivo acompañado por Eloy García, representante de Welgood; dos tenentes de alcalde, Carmela Silva e Javier Pardo, e da concelleira de Seguridade, Patricia Rodríguez, no acto de posta en marcha do novo servizo, que cualificou como “unha magnífica idea”.

- Publicidad -
Centaurus Box Vigo Cross Training

O rexedor referiuse á instalación deste sistema como “a modernidade”, unha “nova forma de entender a mobilidade, que se combina coas novas formas que xa propuxemos en Vigo”. Caballero tamén sinalou que “o futuro é a electricidade”, xa que “o medioambiente esta reclamándonolo”, por iso “con iniciativas como esta traballamos na mobilidade sostible”.

Na Xunta de Goberno Local do pasado venres, o Concello de Vigo autorizou a instalación de estacións de recarga de vehículos eléctricos e bancadas de bicicletas eléctricas en aparcamentos en 7 aparcamentos subterráneos da cidade (Avenida Castelao, Jenaro de la Fuente, Policarpo Sanz, Areal, Pintor Colmeiro, Urzáiz e Praza Independencia), no que se instalarán 10 prazas con recarga eléctrica e 10 bicicletas en cada un dos aparcamentos. O alcalde destacou isto como “unha das grandes vantaxes, ao ter que depositar a bicicleta de novo nun dos parkings asociados, sen quedar ciscadas pola cidade”.