Abel Caballero: “Seguimos transformando Vigo Zoo nun aula da natureza”

O Goberno da cidade aprobou en Xunta de Goberno a contratación do servizo de mantemento e servizos auxiliares de VigoZoo para 2024 e 2025 por 244.886 euros. O rexedor congratulouse polo “practicamente cheo” dos hoteis durante o aninovo

Abel Caballero anunciou a contratación do servizo de mantemento e servizos auxiliares de VigoZoo, para os anos 2024 e 2025, por 244.886 euros, cubrindo as necesidades de mantemento durante as tardes de todo el ano.

Como indicou o alcalde, “continuamos coa transformación de VigoZoo nunha aula da natureza e divulgación ambiental” convertendo nun “parque de lecer familiar e aventuras”. Actualmente estamos traballando na “instalación de xogos de lianas e tirolinas” na entrada do recinto que previsiblemente “arrancará o seu uso no mes de febreiro”. Haberá un xogo de lianas de 10 metros, unha tirolina de 12,5 metros e un percorrido con pontes de madeira.