Esta mañá o rexedor recibiu a Susana Rodríguez Gacio, campioa paralímpica de triatlón adaptado en Tokio 2020, e ao presidente de la Federación Española de Triatlón, José Hidalgo. O rexedor explicou que na reunión plantexouse a posibilidade de que Vigo albergue unha proba do campionato do mundo de triatlón paralímpico, «que sexa puntuable para os Xogos Olímpicos de París 2024». Caballero mostrou o seu desexo de que sexa o último, «para que os deportistas veñan buscando lograr as marcas clasificatorias».

