Abel Caballero participa nas xornadas con motivo da Semana da Mobilidade Europea

O rexedor vigués acudiu esta mañá, xunto a concelleira de Seguridade, Patricia Rodríguez, o centro comercial Vialia para intervir nas actividades que promove Decathlon con motivo da Semana da Mobilidade Europea. Realizaranse diversas accións centradas na mobilidade urbana, aproveitando para dar visibilidade ao uso de medios de transporte non contaminantes.