Abel Caballero: “O Trofeo de Pádel Concello de Vigo é un gran torneo”

O evento celébrase nos complexos municipais de Navia e Barreiro, co torneo para afeccionados do 30 de xuño ao 9 de xullo e do 3 ao 9 de xullo para xogadores federados

Nesta novena edición abrirase o torneo de categoría infantil, para rapaces e rapazas de 7 a 14 anos

O rexedor estivo acompañado na rolda de prensa de presentación polo director xeral de Máis Que Auga, Francisco Cortegoso; polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, ademais do director do torneo, Xoel Tejo, e o director de márketing de Celtamotor, Javier Fernández.

- Publicidad -
Centaurus Box Vigo Cross Training

Caballero puxo en valor a cultura do pádel na cidade, explicando que “todos os días a partir das 17:00 horas a totalidade das pistas contan cunha ocupación do 100%, unha cousa que só pasa con este deporte”.

O torneo abrangue categorías masculinas, femininas e mixtas abertas, para afeccionados, e outras para xogadores federados. Como novidade, neste 2023 engádese a categoría infantil, que poderán disputar os rapaces e rapazas de 7 a 14 anos, que non pagarán inscrición. Como explicou o rexedor, con esta ampliación “o obxectivo é ter entre 800 e 1000 participantes”.