Abel Caballero: “O HALO vai dar a volta ao mundo”

Hoxe comezaron as obras do ascensor HALO coa colocación da simbólica primeira pedra por parte do alcalde, que estivo acompañado no acto por parte do equipo do goberno local, técnicos municipais, arquitectos e empresa construtora, entre outros

“É un modelo de facer cidade. Un modelo único. Non hai nada igual en ningún sitio”, afirmou Caballero

Hoxe comezan as obras do ascensor HALO, “unha obra de arte e de arquitectura”, en verbas do alcalde, que supón continuar co corredor mecánico que va desde a zona do Areal ata Pizarro. “Este ascensor, cando finalicen as obras, vai dar a volta ao mundo. É un modelo de facer cidade, un modelo único. Non hai nada igual en ningún sitio”, afirmou.

Abel Caballero puxo a simbólica primeira pedra que da comezo a construción do HALO. O primeiro edil estivo acompañado por parte do equipo do goberno municipal: o concelleiro de Vías e Obras, Javier Pardo, a edil de Urbanismo, María José Caride e a responsable Seguridade, Elena Espinosa. Tampouco faltaron á cita a primeira tenente de alcalde e presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o Delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades.

O HALO terá 50 metros de alto e 90 de diámetro. O alcalde destacou que a obra “reúne todos os elementos de positividade”: aforro enerxético, aforro de tempo, conexión da cidade… estamos a facer un novo Vigo”.

Caballero agradeceu ao Goberno de España que a través dos fondos europeos Next Generation EU financie parte da obra – 6 millóns de euros – do custe total, que ascende a máis de 12 millóns: “Isto é a cooperación” concluíu.