Abel Caballero: “O goberno de Vigo aprobou na Xunta de Goberno Local as becas bomedor”

O Concello adícalle un importe de 1.823.738 euros, aumentando en 510.968 euros, un 38%, con respecto ao curso pasado

O rexedor vigués sinalou que “este ano concedemos 3.963 becas de comedor, un incremento de 403 respecto ao ano anterior”, destacando que en Vigo “todo o que cumpre os requisitos da convocatoria, teñen a súa Beca Comedor sen listas de espera, como ocorre noutros lugares”

Destacou tamén outra das novidades do novo curso, como é a subida da contía das axudas ao pasar de 41 a 45 euros, “para facer fronte á inflación”, polo que “adicamos máis recursos, alcanzando os 1.823.738 euros”. Caballero tamén incidiu en que “ademais do importe das Becas de Comedor, o goberno local aporta 600.000 euros a FOAMPAS, o que eleva a 2,4 millóns as axudas”.