Abel Caballero inaugura a humanización de Gregorio Espino

O alcalde visitou o remate das obras e inaugurou a obra da fase IV de Gregorio Espino que contou cun orzamento de 1.600.000 euros

naugurada a humanización de avenida Gregorio Espino na fase IV, que vai desde a rúa Águia ata a rúa Merlo. O alcalde visitou o remate das obras e anunciou que o goberno local xa está a preparar o proxecto para o resto da rúa. A fase IV da humanización de Gregorio Espino ten un importe de 1.600.000 euros e o total da rúa achégase aos 4.000.000 de euros.

Caballero explicou en rolda de prensa os detalles da obra: mellora da mediana e manter os dous carrís de circulación por sentido, a instalación na redonda dunhas esculturas de paxaros en honor as rúas de aves da zona, ampliar as beirarrúas -que serán de granito- ata os seis metros de ancho e renovar completamente as instalacións de iluminación, que agora son LED. O Concello cambiou as canalizacións de abastecemento de agua, pluviais e saneamento, instalou unha nova rede de rego e de semáforos, bancos e papeleiras. No tramo de actuación mantense trece árbores existentes e se súmanse outros nove exemplares e catro máis en xardineiras, ata un total de vinte seis unidades.

Para o alcalde esta obra “é moi importante polo número de habitantes na zona e como sirve de distribución a outras zonas da cidade”. “Unha nova gran avenida no proceso de humanización que estamos a conseguir na cidade de Vigo”, concluíu.