Abel Caballero: “Este é o mellor ano dos concertos de Castrelos”

Dani Martín realizou onte o último dos 12 concertos programados polo Concello de Vigo, con un cheo absoluto do auditorio de Castrelos

O rexedor vigués sinalou que o concerto de Dani Martín “petouno en Vigo” cunha actuación “magnífica”, que o propio Abel Caballero fixou o concerto como “a cifra récord de asistencia de toda a historia de Castrelos, con entorno a 90.000 asistentes”.

Entre a programación deste verán destacaron tamén os concertos de Sting; Sebastián Yatra e Leiva, cunha elevada asistencia, que sumados ao resto do cartel e cos espectáculos infantís, “ímonos por enriba dos 615.000 espectadores no auditorio de Castrelos” durante todo o verán.

Durante o verán tamén destacou a asistencia a outros eventos apoiados polo Concello de Vigo, como O Marisquiño, que congregou a 180.000 persoas, ou as festas patronais, entre as que destacou a afluencia en Coia e Bouzas, a asistencia “aproximaríase o millón de asistentes”, como sinalou o alcalde en rolda de prensa.