Abel Caballero desexa á atleta Aintzane Dapena «toda a sorte do mundo» no Mundial de Bakú

Abel Caballero recibiu á atleta Aintzane Dapena antes de marchar ao Mundial de Ximnasia de Trampolín que celébrase en Bakú do 18 ao 21 de novembro.

O rexedor fixo entrega da bandeira da cidade á ximnasta viguesa que competirá por primeira vez nun Mundial na categoría de dobre minitramp.

Dapena é a primeira do Club Sieiro que compite na Copa do Mundo coa selección española sénior. En Azerbaiyán conquistou o bronce júnior no Europeo de 2018.