Abel Caballero: “Avanzamos en Samil para ter máis praia e máis paseo”

O alcalde celebra que o Goberno de España licite a obra de rexeneración dunar en Samil, que se encarga da parte litoral. A actuación comprende 250 metros, ampliación do paseo de madeira con 12 metros de ancho retranqueado 25 metros

Abel Caballero deu conta da licitación por parte do Goberno de España da rexeneración do litoral de Samil na fase 1A, desde o Camaleón ata Punta Samil, unha actuación en 250 metros. O Goberno de España investirá 2.127.000 euros.

- Publicidad -
Centaurus Box Vigo Cross Training

O Concello e o Goberno de España acometerán a reforma da zona de Samil, o goberno local coa humanización da parte da avenida e desde o Estado na zona litoral. “Haberá máis praia e máis paseo”, expresou o rexedor, xa que a obra rematará cun paseo de madeira con 12 metros de ancho e retranqueado 25 metros. Amais, no proxecto figura un parque infantil, local de hostalería desmontable, aseos, mobiliario urbano, novas redes de saneamento, abastecemento e rego, telecomunicacións…

“Samil seguirá a ser unha praia urbana, con máis praia e máis paseo”, concluíu Caballero.