A Xunta presenta en Vigo os IV Premios de Innovación en Saúde

Estes premios buscan fomentar ideas innovadoras para mellorar a calidade de vida das persoas e a sustentabilidade do sistema sanitario público galego

Hai dúas categorías, a modalidade de profesionais e a de pacientes,pudendo participar persoas físicas, organizacións ou asociacións de pacientes

O prazo para a presentación de candidaturas remata o próximo 22 de marzo

O xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, xunto co xerente da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), Antonio Fernández-Campa presentaron a IV edición dos  Premios de Innovación en Saúde no sistema público de saúde de Galicia.

Estes premios buscan fomentar as ideas innovadoras nas que traballan os seus profesionais, para mellorar a calidade de vida das persoas e a sustentabilidade da sanidade pública galega; así como as iniciativas presentadas por persoas físicas (pacientes, coidadores, etc), entidades ou asociacións de pacientes sen fins lucrativos que colaboran de xeito directo ou indirecto, na busca dun sistema público de saúde máis innovador e eficiente.

A Consellería de Sanidade aposta por un modelo de innovación aberta no que todas as partes interesadas deben de participar e crear unha interacción fluída, e combinar as ideas dos sistemas de innovación. Nesta convocatoria perséguese continuar impulsando a participación cidadá nos procesos de I+D+i e nas incorporacións de actividades e proxectos innovadores na sanidade galega.

Para continuar nesta liña, mantéñense as dúas categorías de participación das edicións anteriores, modalidade de profesionais do sistema público de saúde de Galicia, e de pacientes (pudendo ser persoas físicas, organizaciónd ou asociacións de pacientes). As dúas modalidades contarán con dous gañadores cada unha (primeiro e segundo premio).

A cuarta entrega dos premios encárase co obxectivo de continuar co éxito acadado nas tres anteriores, cun total de 233 proxectos presentados, dos cales 48 corresponderon á modalidade de pacientes e 185 foron presentados por profesionais. O prazo para a presentación de candidaturas remata o próximo 22 de marzo.