A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais urbanas ao rego Pugariño en Vigo

Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, localizaron este foco nunha inspección rutineira na parroquia de Teis, no lugar da Chumba

A orixe do punto de vertido cara o rego baixo a ponte da avenida de Vigo identificouse na infraestrutura municipal de saneamento que hai na contorna

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade eliminou un punto de vertido de augas residuais urbanas ao río ao rego Pugariño, no concello de Vigo.

Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, localizaron este foco na parroquia de Teis (San Salvador), no lugar da Chumba, no marco das inspeccións rutineiras no municipio.

O persoal da Xunta  identificou a orixe do punto de vertido cara o rego baixo a ponte da avenida de Vigo, verificando que este se orixinaba nunha deficiencia da infraestrutura municipal de saneamento que hai na contorna.

Os feitos observados foron postos en coñecemento do Concello de Vigo para que levase a cabo as medidas oportunas para a emenda das deficiencias detectadas, procedendo ao reforzo do pozo de rexistro afectado, cimentando a soleira do mesmo.

O persoal de Augas de Galicia nunha inspección recente corroboraron que a actuación efectuada polo Concello permitiu o cese do vertido.