A Xunta de Goberno de Vigo aproba a primeira fase da humanización da Estrada Clara Campoamor

Seis anos despois da inauguración do Álvaro Cunqueiro, o proxecto abordará a seguridade aos peóns con novas beirarrúas e a mellora do asfaltado entre a rotonda de acceso ao Hospital e o enlace coa VG-20

A Xunta de Goberno aprobou o proxecto de mellora da pavimentación e seguridade da Estrada Clara Campoamor Fase I cun orzamento de 463.000 euros.

O proxecto chega seis anos despois da inauguración do Álvaro Cunqueiro, e permitirá por fin artellar unha serie de melloras no entorno e os accesos ao hospital. Neste sentido, oO alcalde explicou que o obxectivo é mellorar a seguridade peonil e o asfaltado desde a rotonda de acceso ao complezo e o enlace coa VG-20.

“É unha zona lonxe da cidade e obriga a utilizar o automóbil ou o transporte público. Hai necesidade de aparcamentos e beirarrúas”, sinalou. Caballero criticou á Xunta ao deslizar que “quen fixo o hospital” debería ter articulado a zona: “O entorno debe estar adaptado á cantidade de persoas que transitan e desprázanse desde o aparcamento ata o propio hospital”.

Non obstante, o propio Plan Xeral de Ordenación Municipal de 2008, vixente naquel momento, fixaba o hospital no actual emprazamento de Beade.