O alcalde avanzou que tamén o xoves aprobarán a subvención ás corais polifónicas de Vigo por valor de 195.000 euros

Tamén destinaranse 9.000 euros para FEAFES e a Asociación Villa Galicia para o alugueiro e gastos de mantemento

Caballero avanzou algúns dos temas que a Xunta de Goberno aprobará este xoves. O Concello adicará 4.275 euros á formación de persoas de baixa cualificación e en risco de exclusión por parte da Federación Provincial de Hostalería. O obxectivo é proporcionar ao sector traballadores e traballadoras con formación neste ámbito.

ACOPOVI, a Asociación de Corais Polifónicas de Vigo, recibirá 195.000 euros para as actuacións que realizan durante todo o ano. Son 39 corais que, segundo expresou o alcalde, “fan unha labor musical pero tamén social”.

Tamén o goberno local adicará 5.000 euros a FEAFES e 4.000 euros a Villa Galicia para sufragar os gastos de alugueiro e mantemento de ambas asociacións.