A Xunta de Goberno aprobará este xoves a licitación do ascensor entre Travesía e Aragón

O “Vigo Vertical” sumará este novo elemento mecánico que enlaza o número 120 de Travesía de Vigo co 209 de Aragón

O importe de licitación é de 721.190 euros

O alcalde adiantou que a Xunta de Goberno que se celebra mañá, xoves 9 de xuño, aprobará a licitación do ascensor entre o número 120 de Travesía de Vigo y o número 209 da Avda. Aragón. O investimento será de 721.190 euros.

Abel Caballero manifestou que os novos elementos, que súmanse ao Vigo Vertical, están conformados por un ascensor e unha rampla mecánica: “Salvaremos 17 metros”, afirmou en rolda de prensa. O rexedor adiantou que pronto aprobarán o proxecto da rampla que terá un orzamento de 900.000 euros. “O ascensor e a rampla entre Travesía e Aragón achégase a un investimento de 1.600.000 euros”, declarou.

No ascensor terán cabida 13 persoas. O rexedor explicou que o goberno local aproveitará a obra para renovar as redes de saneamento de auga e de rego, tamén cambiará a rede de alumeado público e as canalizacións de saneamento, sumidoiros, pozos e arquetas de conexión. A administración presidida por Abel Caballero prevé nesta actuación instalar máis alumeado, mobiliario e acabados decorativos, tanto a nivel horizontal como vertical.